Escoitar

O Congreso Nacional de Toxicoloxía traerá este verán a Vigo ao director do FBI

O alcalde, Abel Caballero, e os organizadores do evento entrevistáronse este martes para analizar o próximo Congreso Nacional de Toxicoloxía, a celebrar o 26 e 27 de xullo no Centro Cultural Novacaixagalicia. Este acontecemento reunirá en Vigo a uns 150 asistentes e expertos en toxicoloxía forense, medioambiental ou laboral, entre as que se atopa o director do FBI, que abordará cuestións relativas as drogas. Caballero comprometeu a súa participación e o Concello ofrecerá unha recepción aos participantes.

martes, 18 xan 2011
1295354971congreso.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e os organizadores pecharon este martes detalles do próximo Congreso Nacional de Toxicoloxía, que traerá en xullo a Vigo ao director do FBI, entre outros expertos.

Anunciación Lafuente -Catedrática de Toxicoloxía da Universidade de Vigo e actualmente a vicepresidenta da Sociedade Española de Toxicoloxía- e Ángel Tomás Camacho -Director Médico do Laboratorio Lema&Bandín e miembro do comité da Academia Americana de Toxicoloxía Laboral- presentáronlle ao alcalde este evento bianual que citará no Centro Cultural Novacaixagalicia a uns 150 asistentes os días 26 e 27 de xullo.

Abel Caballero comprometeu a súa participación no evento e a disposición do Concello neste acontecemento, ofrecendo unha recepción oficial. O Congreso presenta distintas ámbitos profesionais, como a toxicoloxía forense, medioambiental, laboral, veterinaria ou alimentaria, entre outras disciplinas como as drogas, sobre o que participará o director do FBI na súa estadía na cidade.
Descargar todas as imaxes