Man Xornal.vigo.orgXornal.vigo.org Concello de Vigo Contacto
Noticias
Subscribirse
Noticias
Temas
Dosieres
Discursos
Previsions
Vigo na prensa
Info Grafica

Participa


 
venres, 20 de novembro de 2009

Imprimir | Enviar | Escoitar


Do 21 ao 28 de novembro celebrase a décima edición do Are More

A décima edición do festival Are More, chega cargada de novidades, como a concentración das actividades nunha soa semana, do 21 a 28 de novembro e a incorporación por primeira vez concertos en zonas comerciais e mercados da cidade.




Programa


O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou que a concentración das actividades do festival nunha semana responde á necesidade de "amoldarnos ao tempo de crise", pero asegurou que practicamente se manteñen o número de propostas "sen desmerecer a calidade do festival". Asemade, salientou que a iniciativa da música na rúa era unha "inquedanza de popularizar a música clásica".

Respecto aos concertos para bebés, destinados a nenos e nenas de 3 meses a 5 anos, explicou que nesta ocasión serán unha "producción propia" do Are More con artistas galegos. Santi Domínguez, neste sentido, avanzou que no ano 2010 se inaugurará unha programación estable tanto para bebés como respecto á música na rúa, de xeito que "van ser o complemento que axude para ir arroupando o festival".

Roberto Relova, director do festival, salientou que se trata dun día moi importante porque se cumpren dez anos da inaguración do festival coa mezzosoprano americana Jennifer Larmore, "que volve nesta edición a abrir o festival" o 21 de novembro na igrexa María Auxiliadora, ás 20.30 horas. Asemade, destacou como pratos fortes do festival a representación da obra de Carl Orff "Carmina Burana" o domingo 22 de novembro no cine Salesianos ás 20.30 horas, e os concertos para escolares, que nesta ocasión representarán a obra de Mozart "A Frauta Máxica" os días 23 e 24 de novembro no teatro Salesianos con funcións ás 10 e 12 horas.

O concelleiro de Cultura, Xesus López, afirmou que "chega unha das citas fundamentais do panorama cultural de Vigo", referente no só na cidade senón en todo o Estado español, e que este ano contou cun orzamento de 300.000 euros. Destacou que, con algúns reaxustes, a maior parte dos concertos do festival son gratuitos. Así, para os concertos de inauguración e clausura, a cargo da mezzosoprano Jennifer Larmore e de Sara Mingardo e a Orquestra Barroca de Venecia respectivamente e que se celebrarán na igrexa de María Auxiliadora, é preciso recoller as invitacións na Central de Espectáculos.

O edil de Cultura informou de que so serán dous os concertos de pago, pero con "prezos populares", os que os días 22 e 27 de novembro terán lugar no teatro Salesianos, como son a representación da obra Carmina Burana e a estrea de La Spinalba, de Francisco Antonio de Almeida. En ámbolos dous casos a entrada xeral será de 10 euros e o prezo reducido de 7 euros. As entradas estarán dispoñibles a partir do 5 de novembro na Central de Espectáculos, na web www.centralespectaculos.com ou no despacho de billetes do teatro Salesianos, se todavía quedasen entradas, unha hora antes do comezo do espectáculo









Mais noticias
O alcalde asegura que a aportación do Concello para a construcción da depuradora é "extraordinariamente xenerosa"
O alcalde e o Ministro de Exteriores de Islandia pasan revisións ás relacións pesqueiras entre ambos territorios
A perda do prestixio social do profesorado centrou o pleno xuvenil
A concelleira de Igualdade clausura o programa Simma, no que participaron 15 mulleres vítimas de maltrato
Educación promove o programa "CREA" de creación artística
O tenente de alcalde inaugura Galiexpo Motor Show como "un salón referente na automoción"
Concerto de Voces Femininas con Basia Bulat + Dawn Landes + Hello Saferide
Continúa no MARCO o programa audiovisual de ArtFutura
Xunta de Goberno Local
Sentido único na rúa Purificación Saavedra
Proxecto Sábados Dinámicos 2009
De Boa Man


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003