![]() |
![]() |
|||||
| Noticias |
|
|
"Darwin e a teoría da evolución" centra o debate das Xornadas de Filosofía de Vigo "Darwin e a teoría da evolución" é o tema central das XIX Xornadas de Filosofía que organiza a agrupación Aletheia en colaboración coa Concellería de Cultura e a Fundación CaixaGalicia. As xornadas reunirán a especialistas de universidades que ofrecerán os seus coñecementos sobre a contribución de Charles Darwin na ciencia e no pensamento. As xornadas terán lugar do 13 ao 16 de outubro no salón de actos da Fundación Caixa Galicia.
As Xornadas de Filosofía son abertas ao público en xeral, se ben son de máis interese para profesores universitarios e de ensino secundario. A inscrición é gratuíta e realizase previamente enviando os datos persoais ao apartado de correos 5350, por correo electrónico (xornadasaletheia@yahoo.es) ou no momento mesmo da apertura das xornadas (se houbera prazas dispoñibles). Outorgaráselles un diploma de asistencia a todos os asistentes que teñan xustificada unha presenza mínima do 60% do programa Programa Día 13, martes 16.30h. APERTURA DAS XIX XORNADAS. 17.15h. Xavier Bellés Ros: Darwin e a expresión das emocións 18.15h. Coloquio. 19.00h Descanso. 19.30h. Jesús Mosterín: A visión darwinista do ser humano 20.30h. Coloquio. 21.30h. Final da sesión. Día 14, mércores 17.00h. Carlos Castrodeza Ruíz de la Cuesta: As miserias de Darwin 18.30h. Coloquio. 19.00h Descanso. 19.30h. Andrés Moya: As perigosas ideas de Darwin 21.00h. Coloquio 21.30h. Final da sesión. Día 15, xoves. 17.00h. Jordi Agustí: Patróns evolutivos na evolución humana 18.30h. Coloquio. 19.00h Descanso. 19.30h. Antonio Fontdevila: Reconstruíndo a Darwin, 150 anos depois. 21.00h. Coloquio 21.30h. Final da sesión. Día 16, venres 17.00h. Juan Moreno Klemming: Os retos actuais do darwinismo: Unha teoría en crise? 18.30h. Coloquio. 19.00h. Descanso. 20.00h. Francisco Pelayo López: Os estudos xeolóxicos de Darwin 21.00h. Coloquio. 21.30h. Clausura. |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003 |