Escoitar

María Méndez subliña que Benestar Social incrementou no 2009 o 40% do orzamento destinado a cooperación

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou este martes que o departamento que dirixe incrementou este ano 2009 un 40% o orzamento destinado a cooperación. A edil así o afirmou tras a sinatura dun convenio de colaboración co presidente do Fongo Galego de Cooperación Internacional, Alfredo Novoa, que ascende a 70.000 euros e se destinará ao desenvolvemento dun proxecto de abastecemento e saneamento de auga en Cabo Verde.

martes, 22 set 2009
1253624291cooperacion.jpg
María Méndez explicou que todas as partidas destinadas a cooperación se incrementaron ata un total de 128.000 euros. Por unha banda, aumentou o convenio co Fondo Galego, ao pasar de 64.000 a 70.000 euros; por outra banda, os cartos destinados ao proxecto cos nenos saharauis pasan de 23.000 a 28.000 euros, e finalmente, a concelleira de Benestar Social salientou que por primeira vez se destinarán 30.000 euros a desenvolver proxectos locais de sensibilización xestionados polas ONGs de Vigo.

Respecto ao recente viaxe efectuado a Cabo Verde realizado pola concelleira de Benestar Social, xunto a outros integrantes do Fondo Galego de Cooperación destacou a necesidade de seguir cooperando cos países do sur como o está facendo Vigo en Cabo Verde. Salientou o proxecto financiado polo Concello de Vigo na Cámara de San Filipo, na illa de Fogo. "A execución do proxecto de abastecemento e saneamento permitirá que a auga chegue a 127 familias e coa construción de baños nas casas se dará servizo a 57 familias", salientou.

"Dende Benestar Social imos traballar para que se incrementen os orzamentos en cooperación", afirmou María Méndez. Pola súa banda, o presidente do Fondo Galego destacou que Vigo é a cidade galega que máis aportación realiza a esta entidade. "Volvemos de Cabo Verde coa satisfacción de Galiza está presente noutros lugares para cambiar as condicións de vida das persoas", subliñou.

1253624291cooperacion.jpg
1253624356cooperacion.jpg
Descargar todas as imaxes