Man Xornal.vigo.orgXornal.vigo.org Concello de Vigo Contacto
Noticias
Subscribirse
Noticias
Temas
Dosieres
Discursos
Previsions
Vigo na prensa
Info Grafica

Participa


 
xoves, 03 de setembro de 2009

Imprimir | Enviar | Escoitar


A xunta de voceiros acorda levar ao vindeiro pleno unha declaración institucional a prol da cooperación internacional

A xunta de voceiros do Concello de Vigo acordou hoxe levar ao pleno do vindeiro luns unha declaración institucional a prol da cooperación internacional para a súa aprobación. Con motivo do Día Internacional do Cooperante, que se celebrará o martes 8 de setembro, o documento asinado polos portavoces dos tres grupos políticos con representación municipal recoñecen que a loita contra a pobreza e a desigualdade é un dos retos da nosa sociedade e convidan á cidadanía a participar nos actos que terán lugar na cidade.

A declaración institucional aprobada hoxe salienta que a loita contra a pobreza "non só é un compromiso ético de primeira orden senón á vez unha das condicións básicas para lograr un mundo máis xusto e pacífico". Asemade, recoñece que este reto está asumido pola comunidade internacional a través dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio 2015.

Finalmente, o documento pon en valor o traballo dos cooperantes, cualificándoo como "exemplo para toda a sociedade". Neste sentido, o vindeiro martes 8 de setembro a Concellería de prevé a celebración dunha videoconferencia con cooperantes que están a desenvolver distintos proxectos en América do Sur e África.
Mais noticias
O alcalde insta á Xunta a financiar os 940.000 euros da ampliación urxente de oito comedores escolares
O tenente de alcalde aposta pola condución eficiente como feito de favorecer o aforro enerxético
O alcalde encarga a expertos a consolidación histórica do percorrido vigués do Camiño de Santiago pola costa
A musealización de O Castro terá unha maqueta tiflolóxica e textos en braille para facela accesible aos discapacitados
Aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Artes e Oficios para o curso 2009-2010
O 11 de setembro remata o prazo de inscrición na Escola Municipal de música folk e tradicional –eTrad-
"Dende a miña fiestra", exposición de Celso Varela
Xunta de Goberno Local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003