Man Xornal.vigo.orgXornal.vigo.org Concello de Vigo Contacto
Noticias
Subscribirse
Noticias
Temas
Dosieres
Discursos
Previsions
Vigo na prensa
Info Grafica

Participa


 
venres, 03 de xullo de 2009

Imprimir | Enviar | Escoitar


O tenente de alcalde presenta o libro "Historias de Sticks", o primeiro da Biblioteca da Fundación Vide

Baixo a idea de que a cultura é deporte e o deporte é cultura, o tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, presentou hoxe o libro "Historias de Sticks", unha iniciativa da Fundación VIDE que recolle nun coidado tomo de máis de 300 páxinas a traxectoria do hóckey a patíns na nosa cidade. Co gallo da disputa do Campeonato do Mundo da especialidade, ábrese así unha xeira de libros que profundizarán sobre o pasado das diferentes modalidades deportivas en Vigo e que irán editándose ao carón dalgún evento significativo en anos vindeiros.




Santi Domínguez calificou de "xenial idea esta aportación cultural e deportiva á cidade" e enmarcouna dentro da biblioteca da Fundación Vigo en Deporte, "a única estrictamente deportiva da cidade". Ademáis, o nacionalista aproveitou para facer un chamamento ós cidadáns para que acudan a presenciar ó Mundial de Hóckey que se desenvolverá no Ifevi dende mañá, coa cerimonia de inauguración e o partido España-Mozambique, e ata ó próximo día 11: "Está todo preparado: temos as mellores seleccións, os mellores xogadores, unha pista que deixa coa boca aberta a tódolos equipos, a mellor cobertura televisiva… Só nos falta asegurar ó calor do público", salientou.

Ó acto de presentación de "Historias de Sticks" tamén acudiron o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, a xerente da Fundación VIDE, Laura Magdalena, o presidente do comité executivo do Mundial, Quique Urdiales, e Alberto Ovenza, o autor do libro xunto a María Alonso. A obra, en palabras de Magdalena, "recolle o legado das persoas que fixeron posible o hóckey en Vigo", e basease, segundo o autor, "en historias persoais" que exemplifican ese camiño conxunto.
Mais noticias
Inauguración do parque industrial da Gandariña
Presentada a programa cultural do Festival Aéreo Internacional de Vigo
Éxito dos campamentos de verán, que este ano incrementaron ata 1.700 as prazas
Peche da rúa Venezuela ao tráfico
Selección de monitores medioambientais para impartir os cursos "Traballador forestal" e "Monitor de prácticas deportivas en espazos naturais"
Selección de alumnos/as para os cursos do programa "Vigo Medio Natural"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003