Escoitar

Xabier Alonso anima a participar na XXVI Carreira Nocturna de San Xoán o vindeiro 23 de xuño

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso animou aos vigueses e viguesas a participar na XXVI edición da Carreira Nocturna de San Xoán, que se celebrará o vindeiro 23 de xuño a partir das 21.15 horas dende a praza do Rei. Na presentación da proba, na que tamén participou o delegado en Vigo da Federación Galega de Atletismo, Eleuterio García, Xabier Alonso destacou que se repartirán un total de 1.200 euros en premios.

venres, 19 xuñ 2009
1245417087carreirasanxoan.jpg
"Dende a Concellería de Deportes estamos encantados de colaborar con iniciativas xa consolidadas, como esta carreira de San Xoán", salientou o edil do BNG. Segundo Xabier Alonso, "unha maneira de facer deporte de xeito popular é precisamente practicar atletismo". Eleuterio García, pola súa banda, expresou o seu agradecemento ao concelleiro de Deportes pola "constante colaboración coa delegación da Federación Galega de Atletismo e o patrocinio directo da proba", que se inclúe no circuito do Concello de Vigo.

O percorrido, similar ao de anos anteriores, é de aproximadamente 8 quilómetros, se inicia na praza do Rei e remata no Berbés. Para participar é preciso realizar a inscripción, que é gratuita, na delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo, ubicada na Casa do Deporte (fax 986 441 216 e correo electrónico fgavigo@terra.es), de 19 a 21 horas, e tamén dúas horas antes da saída da proba na propia praza do Rei. Haberá oito categorías (catro masculinas e outras tantas femininas en función da idade) desde os 14 anos en diante.
Descargar todas as imaxes