Escoitar
Circulación Viaria

Peche ao tráfico da rotonda de acceso á rúa Teófilo Llorente

<br />

venres, 19 xuñ 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de fresado e asfaltado da rotonda de acceso á rúa Teófilo Llorente, a realizar pola empresa Construcciones Crespo, estará pechada ao tráfico a devandita rotonda o sábado 20 de xuño de 2009 dende as 10:00 horas até as 15.00 horas.
O acceso ás rúas de entorno de Cánovas del Castillo e Carral durante esas horas terá que realizarse dende o lado Leste da Cidade (por exemplo a partir da rotonda á saída do túnel no Areal).
O acceso aos garaxes de Teófilo Llorente será dende Mestre Mateo.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.