Escoitar

Máis de 90.000 persoas visitaron no que vai de ano Vigozoo

Vigozoo recibiu durante o mes de agosto a 2.300 visitantes máis que o ano pasado acadando un total de 18.400 persoas que viron a gozar do parque. Este incremento do número de visitantes á nosas instalacións consolídase xa que vense superando durante os últimos cinco anos. <br />

xoves, 11 set 2008
1221136372veranzoo2.jpg
Participantes nas actividades de verán en Vigozoo
A pesares da mala climatoloxía reinante neste ano 2008, o número de visitantes durante estes primeiros oito meses superan xa as 92.000 entradas, polo que nos meses de outono está previsto que se asente a cifra de cento trinta mil visitantes do mesmo xeito que o ano anterior.

Tamén os abonados aumentaron en máis de 150 visitas a noso zoo, que conta con 72 abonos familiares, superando xa aos bonos anuais realizados en todo o pasado ano 2007.

Destaca o aforo completo de participantes para o último campamento desta tempada no zoo, o 4 e 5 deste mes de setembro. Un total de 20 rapaces/as están a piques de pasar dúas xornadas cheas de actividades, xogos e obradoiros. Ademais xa durante os meses de xullo e agosto un total de 95 rapaces/as participaron no programa de verán que contemplaba campamentos de medio, un e dous días de duración.

As continuas melloras dos recintos e das instalacións así como a adquisición de novos animais fan que Vigozoo acolla cada ano a máis visitantes interesados en pasar unha xornada diferente durante o mes estival.
Descargar todas as imaxes