Escoitar

O luns comezan os traballos do aparcadoiro de Jenaro de la Fuente sen restricións de tráfico

O acta de replanteo asinada este mércores na rúa Gregorio Espino polo alcalde, coa presenza do concelleiro de Mobilidade, supón o inicio das obras dun novo aparcadoiro soterrado na cidade. O prazo de execución previsto era de dous anos, pero a empresa o adiantou a 20 meses. O tráfico non sufrirá restricións ata o outono. <br />

mércores, 11 xuñ 2008
1213187670replanteojenaro.jpg
O vindeiro luns, 16 de xuño, comezan os traballos de construción dun novo aparcadoiro soterrados na cidade, en Jenaro de la Fuente, que se suma así aos de Policarpo Sanz e Pintor Colmeiro, xa en marcha. O alcalde, Abel Caballero, acompañado polo edil de Mobilidade, Xulio Calviño, asinou este mércores o acta de replanteo que pon o punto de partida ao inicio dos traballos.

O orzamento do aparcadoiro de Jenaro de la Fuente supera os 11,2 millóns de euros, cun prazo de execución de 24 meses, adiantado polo responsable da empresa contratista Puentes e Calzadas, J.M. Otero, aos 20 meses. En menos de dous anos, o parking albergará un total de 474 prazas para vehículos, das que 94 son para residentes e 12 para minusválidos, e as restantes, rotatorias.

O método construtivo será inverso, o que permitirá unha incidencia no tráfico da cidade menor que noutros procedementos. A este respecto, Abel Caballero informou que os vehículos non sufrirán restricións de ningún tipo ata o outono, xa que a primeira fase das obras precisan soamente do espazo actual destinado ao aparcamento en ambos marxes, e non o peche de ningún carril.

Así, ata o final do verán, como explicou o alcalde, non será necesario o establecemento de desvíos, que si se establecerán na seguinte fase das obras e estarán debidamente sinalizados os itinerarios alternativos recomendados.

Abel Caballero avanzou que o plan de tráfico preparado para a construción do aparcadoiro en Jenaro de la Fuente operará en torno aos 8 meses. Durante as fases da obra que impliquen a ocupación de carrís de circulación, a ordenación do tráfico nesta rúa será dous carrís para vehículos en xeral en sentido ascendente e un carril bus/taxi en sentido descendente.

Ao remate dos traballos, a situación final presentará dous carrís en cada sentido con dársenas ara o transporte público, carga e descarga e discapacitados.
Descargar todas as imaxes