Escoitar

O tenente de alcalde asegura que o novo complexo deportivo e área de benestar de Coia estará rematado en ano e medio

"Esperamos vervos en ano e medio", manifestou o tenente de alcalde, o Santi Domínguez, este mércores no acto de colocación da primeira pedra do complexo deportivo e de benestar de Coia. Segundo Santi Domínguez, o plazo de execución das novas infraestruturas, que contarán con tres piscinas, un área de benestar, catro salas de actividades, un ximnasio e vestiarios para máis de sete mil adaptados, é de entre doce e dezaseis meses.

mércores, 11 xuñ 2008
1213187193pedrapiscina.jpg
Santi Domínguez subliñou que hoxe é "un día de ledicia para os veciños e veciñas do barrio", posto q ue a cidade contará cunha nova infraestrutura adicada ao deporte, o ocio e á saúde. O tenente de alcalde lebrou, durante a súa intervención, que o proxecto foi iniciado no goberno anterior, "e nós axilizamos a súa posta en marcha no noso proxecto de traballar pola cidadanía dotando á cidade das infraestruturas que necesita". Sinalou que o orzamento para desenvolver o proxecto, que será un orgullo para todos e todas", ascende a 10,3 millóns de euros.

"Como concelleiro de Deportes é unha enorme satisfacción poñer a primeira pedra dunha piscina", salientou Xabier Alonso, quen asegurou que o deporte "constitúe unha peza fundamental da saúde". O concelleiro de Deportes indicou que existe unha gran demanda de instalacións deportivas tanto por parte dos deportistas federados como das persoas maiores, polo que a piscina de nova construción vén a dar resposta a demanda da cidadanía.

O edificio do novo complexo deportivo, será soterrado en case a súa totalidade, de xeito que apenas se aprecia o seu volume, ao quedar camuflado por unha praza pública. Estrutúrase en planta baixa, planta primeira e planta soto, sempre por debaixo da cota marcada pola praza. A pendente na que se ubicará permite que a fachada goce de luz nartural en toda a súa fronte e, así mesmo, a medida que descende a topografía os laterais tamén disporán de luz natural. Mediante estes elementos o edificio contará cunha imaxe moderna e ao mesmo tempo dinámica.

Xa no seu interior, o complexo contará cunha piscina cuxo vaso principal será de 25 por 12,5 metros e outras dúas piscinas complementarias de 10 po 6 metros. Unha dels destinarase a aprendizaxe, mentres que a outra se utilizará como piscina activa, xa que estará dotada de dúas camas de auga, oito postos de hidromasaxe, un chorro de cervicais, un chorro de láminas de auga e dous géiseres. A piscina activa e a zona de tratamentos e relax conforman unha área termal, que contará cunha sauna, un baño turco, catro duchas de esencias e fonte de xeo. Ademais das piscinas, haberá tamén catro salas para diversas actividades, de entre 100 e 150 metros cadrados cada unha, así como un ximnasio de musculación dotado de noventa estacións de traballo. Todas as dependencias instalaranse nunha superficie total de 4.684 metros cadrados.

Debido a que o edificio realizarase soterrado case na súa totalidade, os cerramentos serán, por unha banda, os propios dos muros de contención, e por outra banda, as frontes acristaladas que conforman as fachadas. O fronte da fachada non acristalada presenta un acabado en pedra como continuación do pavimento da praza. En canto aso illamentos, instalarase un comportamento térmico cunha capacidade illante elevada, co obxectivo de reducir o gasto enerxético. Ademais, polo propio uso do edificio, requírese un illamento acústico que garanta o confort interior.
Descargar todas as imaxes