Man Xornal.vigo.orgXornal.vigo.org Concello de Vigo Contacto
Discurso
Subscribirse


 
venres, 25 de xullo 2014

Imprimir | Enviar

DIA DE GALICIA 2014

Por A las 5, AFAN, Banco de Alimentos, Comedor de la Esperanza, Hermanos Misioneros e Vida Digna (organizacións sociais)



Hoxe, como todos os días, cando apenas lles queda un raio de esperanza -hoxe vigueses e viguesas- unha pequena multitude terá empezado un novo
día sen ter un traballo que lle permita levantar a cabeza.

Son os parados sen outras rendas na familia; persoas que ata onte achegaban un salario co fin de mes; transeúntes á busca dun dourado inexistente; cidadáns sen fogar que tapan como poden un pasado que foi. Estranxeiros
e latinoamericanos aos que alguén dixo, pero non acertou.

Mulleres e homes, anciáns e anciás sen pensión e sen outros ingresos, todos eles invisibles, son vítimas as que quedan no camiño dunha feroz crise económica que desarborou a armazón social que con tanto esforzo se erixira.

Son vítimas as dun tsunami que os envorcallou sen preguntar. Son un
numeroso grupo humano que se cambalea con poucos apoios.

Vigo, a nosa cidade era un emporio industrial maior do que aparentaba. Cidade mariñeira, nos seus lindes ao mar reflectíase o bulicio industrial. Os estaleiros cheos de bancadas que modulaban barcos que haberían de navegar por todos os océanos. Portas de chegada de peixes afastados e próximos e tamén de entrada de turistas. Fábricas de redes, de motores, de maquinillos. Bateas.

Todo era posible. Os postos de traballo, os soldadores e os torneiros, encontraban a súa harmonía. E ás súas costas, nesta extraordinaria cidade,
os automóbiles que exportaban e deixaban a súa pegada por todo o mundo.

Pero o tsunami levouse todo por diante. E Vigo sófreo, a cidade sófreo.

Non é este un bando ao uso. Non é o momento de significar o que temos que o hai. É o momento de empurrar.

Jordi Peix, pioneiro en España dos bancos de alimentos, que acaba de falecer, dicía: "en democracia, cuando hay un estado de excepción social, la sociedad civil ha de intervenir".

No noso sistema democrático xa non chega coa axuda das administracións. Os cidadáns teñen/temos de coller o temón e remediar no posible este estado de excepción social. Centros relixiosos ou laicos, voluntarios de calquera credo ou ideoloxía, donativos ou axuda directa, todo é útil. Dito sexa todo iso, sen prexuízo de resaltar o enorme labor que leva a cabo o Concello de Vigo, do que somos testemuñas todas as organizacións sociais asinantes deste bando.

A cidade necesita de todos e por iso, hoxe, dirixímonos non só ás Institucións Públicas senón tamén á cidadanía. Non é momento de cuestionar o que se fai, chámese como se chame, xa sexa xenerosidade, solidariedade, caridade, auxilio social... é o momento de facer.

Vigueses e viguesas, Vigo é unha cidade benéfica e de aí non nos van sacar. Temos de establecer novas redes sociais; temos de estar atentos con aqueles que se sitúan ao bordo da exclusión social. Temos de dotar de medios aos necesitados que lles permitan subir un chanzo na escaleira. Temos de ter ollo avizor cos novos pobres, eses que aínda se avergoñan de acudir ás organizacións sociais. Como dicía Vicente Ferrer: "la indiferencia mata y hemos de estar en permanente estado de alerta solidaria para ayudar a los desasistidos."

Non se pide o imposible, só que tomen as cousas como propias.

Cidadáns e cidadás de Vigo, a cidade necesítanos. En nome das organizacións sociais, esperámosvos.


Este bando foi redactado por: A las 5, AFAN, Banco de Alimentos, Comedor de la Esperanza, Hermanos Misioneros e Vida Digna


Outros discursos
Día da Constitución Española

DISCURSO GALA VIGUESES DISTINGUIDOS 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015
Dedicado a Xosé Filgueira Valverde


Bando da Reconquista 2015

XXXVI ANIVERSARIO DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
(2014)


BANDO DIA DAS LETRAS GALEGAS (2014)
Dedicado a Xosé María Díaz Castro



Ver todos


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003