Man Xornal.vigo.orgXornal.vigo.org Concello de Vigo Contacto
Discurso
Subscribirse


 
sábado, 11 de xuño 2011

Imprimir | Enviar

Discurso de toma de posesión do alcalde de Vigo

Por Abel Caballero (Alcalde de Vigo)



Concelleiras e Concelleiros. Miñas donas e meus señores.

Sexan as miñas primeiras palabras de agradecemento, de un inmeso
agradecemento ás decenas de miles de viguesas e vigueses que nos apoiaron
nesta travesia. Agradecemento pola sua decisión que me permite por segunda
vez consecutiva ser elexido alcalde da miña cidade, alcalde de Vigo. Porque
nada tan extraordinario, gratificante e emocionante poido suceder na miña vida
política que ser revalidado como alcalde de Vigo.

Asemade o meu recoñecemento político a todos os concelleiros/as que co seu
voto efectuaron a miña elección. Aós dez concelleiros/as do partido socialista, que conformarán o goberno e aos dous concelleiros e a concelleira do BNG corresponsables do goberno no anterior mandato.

En Vigo haberá estabilidade na acción de goberno. En Vigo haberá a
partir de hoxe un goberno comprometido cóa cidade, con vontade firme, moi
firme, de consolidar o progreso e de continuar, e mesmo acelerar, o avance.
Nun momento de especial trascendencia para Vigo queremos mostrar a
máxima firmeza e vocación para gobernar. As leis proporcionan instrumentos que vamos a utilizar en beneficio de Vigo, das viguesas e dos vigueses.

Pero gobernaremos co máximo respeto as decisións dos munícipes. Porque o
goberno da cidade debese asentar no dialogo e no acordo. Diálogo perenne
acompañado de unha ilimitada disposición a o consenso.
Nas derradeiras eleccións todos recibimos un mandato dos cidadáns,
dialogar, acordar e gobernar. E esa é a nosa intención. Para o goberno, o BNG
será o grupo político de referencia para o dialogo e para o acordo. Porque có BNG fixemos a primeira travesía que tan beneficiosa resultoú para a cidade.
Por iso, e respectando a súa decisión de non integrarse no goberno, manifestamos desde este momento a nosa vontade de acordos e de toma de
decisións compartida. Asi interpretamos o seu voto.

E todo sin que a cidade vexa detida nin tan siquera ralentizada, nin un
momento, a súa marcha e as súas pretensións de melloras en tantos eidos.
Catro anos de actuacións avalannos, o apoio democrático nos precede, e as
demandas lexitimas e certas dos vigueses marcannos o camiño.
E tamén queremos mostrar a nosa disposición a acordos nos que
estyemos todos, tamen o Partido Popular. En aqueles temas de cidade onde
debe primar a unión, tan necesaria e convinte. Seguro que con discrepancias
en tantos temas, pero seguro tamén de que un número singular de decisions
deberían, e por nos non vai a quedar, ser acordadas por todo-los
concelleiros/as que compoñen o pleno.
A cidade remitiu tamén unha moi clara mensaxe ao Goberno de Galicia.
Unha mensaxe do carácter vigués que reclama un golpe de timón na Xunta.
Confiamos que a mensaxe fora leida polo destinatario. Si asi foi e se acepta, se
se rectifican as políticas con Vigo e se atende a esta cidade, a Administración Autonómica terá no alcalde de Vigo un aliado. Un gran aliado. Na confianza de que asi sexa, a nosa man tendida para o diálogo e para a marcha nunha nova senda. Se se atende a Vigo, terá todo o noso recoñocemento.
Pero nos tamén entendimos a mensaxe. Que chegoú impregnado dunha claridade de luz de alba. Por iso queremos volver a remarcar que para nós Vigo
e o primeiro. Por enriba das lexitimas posicións partidarias e por enriba das
orientacións ideolóxicas.

Para nos Vigo foi, é e será, o primeiro. Concurrimos ás eleccións baixo o lema "Vigo, Si". E durante todo o mandato seguiremos poñendo primeiro a cidade. Porque para iso e por iso apoiaronnos e nos elexiron.
E formulamos a nosa política dende a convicción de que a vella Galicia,
propia dos anos trinta do pasado seculo, que se foi deseñando dende a
Administración Autonomica, centrada noutras cidades, está superada pola
realidade dinámica e imparable. A modernidade do seculo XXI é a
globalización, a economía, o crecemento e a solidaridade, e eso é Vigo.

Por iso un Vigo forte e dinámico que lidere e ocupe a seu espacio nunha
nova Galicia mais diversa, é a mellor contribución que todos podemos facer. Só
os imbéciles e escuros que non nos entenden, non, chaman a isto localismo.
Este novo Vigo que reclama unha nova Galicia na que cada un ocupe o seu
espazo e desenvolva as súas potencialidades, constitue o verdadeiro interés xeral de pais.

Vigo debe ser considerada con todas as suas capacidades e con todas
as suas necesidades. "A conciencia de esta diferencia é esencial para a cidade; é precisamente a cidade, o seu vigor, as suas posibilidades futuras", había de escribir Alvaro Cunqueiro.
Este é o Vigo ao que queremos apuntar. Ao Vigo fermoso, con rúas humanizadas, con parques, zonas verdes, parques infantís e de maiores; unha nova cidade sostible.

Que apoia a economía e a calidade de vida. Que alcance a todas partes, o centro, o casco urban, as zonas mais alonxadas, os barrios e as parroquias. E a este obxetivo de igualdade dedicaremos un grande esforzo.

Porque aínda quedan rúas, barrios, e parroquias onde teñen que chegar tantas
e tantas humanizacions. Ducias de rúas deben ser humanizadas neste proximo
mandato, como unha gran prioridade.
E queremos que Vigo creza, que cree emprego. Que siga a sua marcha
de saída da crise. Por iso son estes os tempos da economía. Na que hai que
estar. Cun principio orientador.

Remataron aquelas alcaldías tradicionais de anos atrás. Agora hai que batirse tamén nas batallas da economía, da competitividade e da innovación. Hai que poñerse ao lado da automoción, con axudas propias e búsqueda de apoios ante outras administracións. No coche eléctrico e no automóvil convencional. Ao lado do naval, para que sigan os avales e os apoios que o viabilicen. Ao lado da pesca, motor de actividade, do porto nas suas actividades productivas de contenedores e do automovil, ao
lado de Zona Franca.

Ao lado da actividade financieira da ciudade que foi danada arteira e certeiramente po los que non entenderon esta nova Galicia. Ao lado do comercio, da hostaleria, do turismo...

E na sua consecución, como alcalde, pero sobre todo como un vigués
mais, querome dirixir a o home ou a muller que está en paro, que vive en
primeira persoa o drama do desemprego; ás familias nas que aniña o pantasma da perda do emprego e onde as contas chegan con dificultade a fin de mes.

Quero dirixirme ao xóven que estudia coa preocupación do seu futuro.
Querome dirixir aos pais dos nenos que estan nas escolas infantís e de
primaria, con dificultades económicas.
Quero dirixirme aos traballadores do comercio, da pequena empresa,
aos autónomos, aos emprendedores con ideas e ilusións, pero co pesar da
adversa situación de crisis.
Quero dirixirme aos vigueses e viguesas da industria, da pesca, do
automóvil, do naval, que fan florecer esta cidade co seu esforzo; aos que nos
enriquecen culturalmente, e aos creadores e artistas.

Quero dirixirme as mulleres xovenes, ás familias con membros dependentes, ás mulleres e os homes maiores. Quero, en fin, dirixirme a tódolos vigueses e viguesas para decirvos que o emprego e a saida da crise son a nosa principal prioridade.

E querome dirixir a todos para marchar xuntos no desenvolvemento dun plan de acción para combatir o desemprego e para dinamizar a economía. E as políticas públicas de Educación, Sanidade e as políticas sociais. Un
grande bastión do Estado do Benestar que en Vigo seguirán sendo unha
prioridade do goberno municipal. A mellora dos colexios públicos, as becas de ingles, este ano 540 becas en Vigo mientras en Galicia reducironse a cero.
E a Vivenda protexida, en propiedade e en alquiler. E as sinais de identidade cultural na cidade dos anos derradeiros de Laxeiro, na realidade de Quesada, de escritores sobresaintes, da musica dos grandes creadores, da música popular. E o deporte das emocións destes dias, e do deporte de base que debe seguir facendo os mellores cidadans.

E partimos neste mandato tras situar a Vigo como o gran concello de
reximen común con menos débeda por habitante, xa non soio de Galicia, senón
de España.

Quero seguir proclamando o noso compromiso cóa austeridade. Se os
cidadans están en tempos de sacrificios, a administración viguesa o estará aínda mais. Fomos austeros durante o mandato anterior e extremaremos ainda mais a austeridade neste mandato. Seremos austeros nos nosos actos porque tamén o somos na nosa forma de vivir e na nosa idea sobre o interés común.

E seguiremos no avance dos grandes proxectos que deberán ser
concluidos neste mandato. O Aeroporto, a estación do Ave, a chegada do Ave,
o Ave directo Vigo-Madrid por Cerdedo sin a ignominia de percorrer por
Santiago. A ampliación da Ponte de Rande. A Depuradora, a Biblioteca do
Estado na Panificadora. A Cidade da Xusticia. A nova gran comisaria.
Estes son os retos. E para o seu logro camiñaremos coas mulleres e ós homes de Vigo, cos empresarios e os traballadores, cos xóvenes e cos
maiores, cos comerciantes e hostaleiros e cos consumidores, cos
estudantes e cos profesionaies, cos parados ... a elas e a eles diriximonos
agora e o seguiremos facendo nestes proximos catro anos. Porque para eles
é a nosa mensaxe e o noso traballo. Porque o pobo e quen mais ordena,
que cantaba Çeca Alfonso.

E seguiremos camiñando con eles no deporte, na cultura, nas asociacions cívicas, nas corais, nas bandas de música, nas asociacións de comerciantes, nos sindicatos... para dialogar, para facer Vigo xuntos e si e preciso e se algo se atranca para seguir pediendo o seu apoio. Por eso dende a convicción reclamamos a todos máis cidade y menos partidismo, máis Vigo y menos interés particular, máis atención as viguesas e vigueses e menos decisión erráticas e dependencia dos partidos e dos gobernos. Reclamamos a todos que poñan primero a Vigo. E entón si que nos entenderemos.

E eu preséntome con humildade e como un vigués mais. Como un home austero con un empeño. Contribuir co meu esforzo a sacar esta cidade adiante e facer avanzar Vigo cara o progreso. Presentome, si me o permiten, como o
alcalde de todas e de todos.
E certo. "A mirada recorre as rúas como páxinas escritas: a cidade dice
todo o que debes pensar, faite repetir o seu discurso...". E certo. Ítalo Calvino,reflexa os nosos sentimentos na percura do novo Vigo.

¡Viva Vigo!. ¡Viva Galicia!.


Outros discursos
Día da Constitución Española

DISCURSO GALA VIGUESES DISTINGUIDOS 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015
Dedicado a Xosé Filgueira Valverde


Bando da Reconquista 2015

XXXVI ANIVERSARIO DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
(2014)


DIA DE GALICIA 2014


Ver todos


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003