Man Xornal.vigo.orgXornal.vigo.org Concello de Vigo Contacto
Discurso
Subscribirse


 
luns, 06 de decembro 2010

Imprimir | Enviar

Bando Día da Constitución 2010

Por Alfonso Villagomez Cebrián (Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia)



Hoxe conmemoramos a Constitución española de 1978. Máis que un documento legal, a Constitución representa o afán diario dos cidadáns por exercer os seus dereitos e liberdades.

As constitucións políticas xurdiron como un "invento" nos últimos compases do século XVIII e os primeiros do XIX. E, como todo invento, foron un avance trasgresor e revolucionario. Rompendo coas crenzas da época, o pensamento racionalista aplicouse non só aos fenómenos da natureza, senón tamén aos problemas da sociedade. Por primeira vez, dispúxose un sistema racional de separación dos poderes, como base para garantir a liberdade das e dos cidadáns. O racionalismo que soubera explicar o mundo tamén soubo facelo co Dereito que sería xa a orde racional das condutas sociais ou non sería Dereito.

A incorporación de España ao constitucionalismo produciuse en condicións extraordinarias pois a guerra contra a ocupación militar dos exércitos napoleónicos mesturaba revolución política e independencia nacional. Ano 1810: caudillos, clérigos, militares e paisanos bátense contra as tropas francesas dende os pobos de Ribadavia ata os da provincia de Tui, onde Vigo é a primeira en repeler ao invasor e por iso, máis tarde, declarada "Cidade Leal e Valorosa".

Hoxe no 200 aniversario deses acontecementos e no Bicentenario da nosa Cidade, non hai mellor data que este día para recordar o seu compromiso constitucional a través de figuras como Tenreiro, o alcalde Cosme Rodríguez, o abade de Valadares ou Bernardo González "Cachamuíña".

Aquí estamos, dous séculos despois, celebrando unha constitución lexítima herdeira daquela primeira e histórica de Cádiz de 1812. A actual Constitución de 1978, receptora así do constitucionalismo político, soubo conxugar os de principios liberais para comprometerse coa erradicación do autoritarismo, cos dereitos do Estado democrático na procura dunha orde económica e social xusta.

Seguindo as palabras pronunciadas por Mirabeau en 1790, en fin, temos que defender os dereitos e a democracia para que os actos do poder sexan respectados e as reclamacións dos cidadáns "redunden sempre en beneficio do mantemento da Constitución e da felicidade de todos"


Outros discursos
Día da Constitución Española

DISCURSO GALA VIGUESES DISTINGUIDOS 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015
Dedicado a Xosé Filgueira Valverde


Bando da Reconquista 2015

XXXVI ANIVERSARIO DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
(2014)


DIA DE GALICIA 2014


Ver todos


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003