Man Xornal.vigo.orgXornal.vigo.org Concello de Vigo Contacto
Discurso
Subscribirse


 
sábado, 16 de xuño 2007

Imprimir | Enviar

Discurso da toma de posesión de Abel Caballero como alcalde de Vigo

Por Abel Caballero Álvarez (Alcalde de Vigo)

"Concelleiras e concelleiros, Ministra de Agricultura e Pesca, Presidenta do Parlamento de Galicia, Conselleira de Política Territorial, Conselleira de Pesca, Sr. Rector da Universidade, autoridades, viguesas e vigueses.

Na vida das persoas hai momentos de especial relevancia e de grande emoción. Son hitos que van conformando a vida. Este é o máis importante, con gran diferencia, de toda a miña vida política. Haber sido elexido Alcalde de Vigo, a miña cidade, na que fai case que trinta e cinco anos decidín vivir e traballar, e na que vou a pasa-lo resto da miña vida, e o máis grande honor que me poda caber.

Por esto a miña gratitude é infinita. A miña gratitude ós grupos políticos do PsdeG-PSOE e do BNG, por haberme apoiado, a Santiago Domínguez por haber liderado o proceso, pero sobre todo ós cidadáns de Vigo que nos elexiron co seu voto. E tamén ós que votaron a outras opcións políticas, porque contribuiron a formar esta corporación, representante da vontade dos cidadáns.

O 27 de maio a cidadanía decidiu apoia-la configuración dun goberno conxunto de PSOE e do BNG, e sinalaron os grandes eixos nos que se debe sustentar:

Un goberno forte e estable que dé seguridade e faga realidade as expectativas creadas ao longo do moito tempo, asegurando o liderazgo de Vigo en Galicia.

O desexo de que se de vía libre a un proxecto ambicioso e sen complexos, capaz de poñer fin ao debate político baseado na confrontación, e poder así xerar un proxecto de longo alcance que ilusione a cidade.

Un mandato de gobernar consensuando cos axentes económicos, sindicais e sociais e contando coas demandas reais da cidadanía.

Nosa cidade demostrou que ten capacidade para enfrentarse aos novos retos do século XXI, pero necesita un goberno que poña en marcha as inmensas potencialidades, as infraestructuras e os servicios que permitan avanzar coa rapidez que demanda unha sociedade que progresa a un ritmo vertixinoso.

Agora é necesario adiantarse aos novos retos para que Vigo ocupe o lugar que se merece. Porque como decía Lewis Carrol, "en este lugar as cousas van tan rápidas que é necesario correr moito para permañecer no mesmo lugar". Pois nós queremos ir moito máis de presa para recupera-lo tempo perdido.

Ese é o compromiso que vamos a asumir. Somos conscentes de que non se poden reeditar os erros do pasado. Os cidadáns foron xenerosos da bondo, dando unha nova oportunidade ás forzas de progreso para gobernar a cidade.

As viguesas e os vigueses diréronnos co seu voto que recuperaron a ilusión por un goberno que mire pola cidade e sexa capaz de levala adiante. E así, o BNG e o PSOE , eu dende a Alcaldía e Santiago Domínguez dende a Primeira Tenencia da Alcaldía, formaremos un goberno ilusionado, forte, estable e cohesionado.

Iniciamos un novo proceso político en Vigo, que contará con un goberno de maioría estable. Así demostramos con feitos que estamos dispostos a unir as nosas forzas para acadar os obxectivos que compartimos; a modernización da cidade, e o benestar de todas as persoas e o peso político de Vigo. Na búsqueda destes fins comprometémonos a traballar con lealtade aos cidadáns. Porque a cidade será dende agora a protagonista exclusiva da acción política.

Asumo a Alcaldía coa maior das ilusións e con grande fortaleza de ánimo, pero coa conciencia da responsabilidade, da magnitude e a importancia da tarefa. E dende este primeiro día dígolles as viguesas e os vigueses, a todos sen excepción, que serei o alcalde de todos. E esto dito hoxe cando transcurriron 30 anos das primeiras eleccións democráticas na transición, non é unha expresión retórica. É a consecuencia dunha forte convicción democrática e da experiencia. Conformaremos unha corporación, que o seu único compromiso será a Cidade de Vigo. Os nosos aliados serás os aliados da cidade o os nosos únicos amigos serán os amigos da cidade.

Nos derradeiros meses adicamos moito tempo a escoitar aos cidadáns, aplicando a máxima de falar pouco e atender moito. E así coñecimos a cidade da mellor forma posible, porque aprenderonnosla os seus moradores. As rúas, as avenidas, as corredoiras, as parroquias e os barrios, todos eles animados polos trasnos ocultos da cidade, se mostran como un entramado único no que se combina a exclusividade da cidade de Vigo, un centro histórico-moderno, barrios urbáns, de gran dimensión e as parroquias de estructura tradicional... Esto, e os seus moradores con alma, é o que fai de Vigo unha cidade con corazón, única e irrepetible. E esta singularidade demanda inexcusablemente unha concepción igualitaria de toda a cidade e de tódolos cidadáns. Este goberno fará que tódolos cidadáns de Vigo sexan tratados exactamente igual, vivan no centro, nos barrios ou nas parroquias.

Durante moito tempo o planeamento urbanístico foi factor de polémica e división na cidade, ademáis de desencadenante de serias dificultades para o seu natural desenvolvemento. Quero sinalar a nosa vontade de acabar con esa inútil división. Propoñémonos conseguir que o PXOM sexa un proxecto compartido que, con a garantía máxima de legalidade, para non atoparnos de novo con un planeamento anulado e coa incorporación da ampliación da supeficie edificable para vivenda protexida, sexa aprobado definitivamente no presente ano 2007. Vigo necesita un Plan de Ordenación Municipal para poder responder a unha cidade que se expande e, igual que en Macbeth o bosque de Birnan moveuse hasta Dunsinane, o terá.

Queremos facer fronte ao máis importe problema da cidade, o prezo da vivenda, aportando o solo no que se poidan construir as vivendas para a xente e non só para o mercado.

E poñeremos primeiro ás persoas. Así dixémolo Santiago Domínguez de máis eu en multitude de ocasións. Poñeremos primeiro as mulleres e os homes de Vigo, que se situarán do centro nuclear da política. Poñeremos primeiro a cada muller e a cada home, coas súas ilusións e cos seus proxectos. E queremos que conten con nós para levalos adiante, porque as súas necesidades e os seus proxectos serán tamén os nosos. Un Vigo con pleno emprego e co compromiso dunha política social volcada nas persoas serán señas de identidade do noso concello. É preciso que a política se ilusione coa atención aos maiores e coa vitalidade dos xóvenes que debe impregnar toda a cidade. A eles adicaremos toda a atención e todo o esforzo.

Queremos ser e seremos o goberno da igualdade, o goberno da aplicación da lei da igualdade na política, nos centros de traballo, e nas empresas. Queremos ser e seremos o goberno activo e implacable contra os malos tratos en razón de xénero. Queremos ser e seremos o goberno que faga das políticas de igualdade de xénero un emblema visible en todo o territorio.

A educación fai aos seres humáns máis iguais. As diferencias económicas e sociais quedan derrumbadas coa educación pública eficaz e de calidade. E a esto queremos cooperar dende o goberno municipal. Apoiando a aprendizaxe da universalidade do mundo en que vivimos e as lingüas como modo de desenvolvemento persoal. Pero tamén as escolas infantís, como factor de ensino e como porta de máis oportunidades para as nais.

Somos a primeira cidade de Galicia, somos a cuarta cidade exportadora de España, a primeira en pesca, destacada en automóviles, primordial no naval... somos unha grandísima cidade na nosa capacidade de creación de economía, de renta e de riqueza. Pero non o somos na dimensión política, nen durante anos na atención e cobertura de necesidades dende outras administracións. Ambicionamos que Vigo ocupe o liderazgo municipal de Galicia e o se lugar en España. Queremos que esta cidade teña na política o reflexo xusto do que xa conseguiu na economía. Remataron aquelas épocas nas que a cidade era desatendida e nada sucedía. Pero remataron tamén as épocas de victimismo populista e fácil, que buscaba na confrontación política o refuxio da mala xestión.

Sabemos que afrontamos un gran momento para a cidade. En todo Europa estase a desenvolver o tempo das urbes, que cada vez máis estase a convertir en elementos claves na calidade de vida das persoas. En outras latitudes as cidades marchan a velocidade infinita. E nos fumos moi lentos. É chegado o momento do gran despegue de Vigo. É o momento do Tren de Alta Velocidade, directo a Madrid por Ourense por primeira vez con data concreta no ano 2012. Pero tamén é o tempo da Alta Velocidade Vigo-Coruña e Vigo-Oporto, atraveso da saída sur e unha nova estación de ferrocarril. É o tempo da nova autovía Vigo-Pontevedra e da reforma da de Vigo a Porriño. É o tempo do desenvolvemento do novo Aeroporto que tivo que agardar dende aquela planificación que algúns fixemos dende o Ministerio de Transportes xa fai demasiado tempo. É o tempo do desenvolvemento do Porto de Vigo. Éo tempo do novo Gran Hospital que fará de Vigo un área referencial na sanidade española. Pero é tamén o tempo de que a investigación e o desenvolvemento e a innovación se aposenten na área de Vigo, na Cidade do Mar, na Universidade e nos centros industriais. É o tempo de darlle o Auditorio e Pazo de Congresos velocidade de cruceiro e poñelo en marcha.

E aquí contamos coa cooperación decidida da Xunta de Galicia, e do Goberno de España. Vontade mostrada cos feitos concretos e compromisos solventes. Compromisos que se extenden a cuestións claves no desenvolvemento de Vigo. Son elementos de gran relevancia na calidade de vida dos cidadáns e factor de competitividade na economía. Debe ser resaltado o compromiso personalmente asumido polo Presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero, Ministra de Agricultura, Presidenta do Parlamento de Galicia, conselleiro de Economía, conselleira de Política Territorial, conselleira de Pesca, José Blanco, Secretario de Organización do PSOE, que mantendremos cos gobernos de España e de Galicia unha decidida colaboración na realización de todos estes grandes proxectos que se enmarcan no ámbito das súas competencias. E aplicaremos aquela máxima de que os aliados da cidade serán os nosos aliados.

E na cidade do automóvil, do naval, da industria, dun emerxente sector de servicios, onde emprendedores visitan tódos os días países de todo o mundo, onde os nosos automóviles recorren as estradas de todo o planeta, e onde os barcos descubren os caladeiros dos mares, océanos, o alcalde ten que falar en palabras de economía. E quero que todos os empresarios e os traballadores saiban que tendrán a todo o goberno co alcalde a súa cabeza a súa disposición. Porque temos conciencia da importancia capital da empresa, da actividade económica e do emprego.

E queremos un Vigo forte, que mire o mundo dende a súa capacidade e dende unha grande Área Metropolitana que permita a mellor prestación de servicios e que permita a mellor utilización da ordenación do territorio. Unha Área Metropolitana que responda á area social e económica que a propia realidade xa conformou. Unha Área Metropolitana que nos permita un trato de entre iguais ca grande área de Oporto e con outras áreas ibéricas. Deberá construirse dende o principio da subsidariedade e da optimización administrativa, asumindo as competencias propias dunha área metropolitana, pero ademáis as que sexan delegables dende a Diputación, que deberá facer certo o principio de economicidade. Non implicar coste adicional ningún para os cidadáns.

Pero o noso pulo económico e social reclama un lugar propio e líder na eurorexión Galcia-Norte de Portugal. Un área de desenvolvemento de máis de 6.500.000 cidadáns, no que Vigo ocupa a centralidade xeográfica, e constitue o centro de gravedade económico. A Xunta de Galicia está fortemente implicada en este proxecto de dimensión histórica que volteará seculos de desencontro cos nosos mellores e potenciais aliados. E Vigo ten que xogar un predominante papel nesta construcción. Debe asumir o liderazgo territorial e dende a súa sede como Agrupación Europea de Cooperación Territorial, exercer ese papel central que ningunha outra cidade poder facer nen Galicia, nen Portugal.

É esta a nosa categoría de cidade singular. As verbas Vigo motor industrial de Galicia, Vigo, primeira cidade de Galicia, son o espello do noso papel. Pero somos unha gran cidade que necesita do recoñecemento da súa envergadura e das súas necesidades. Por esto, José Blanco, propoñémonos elaborar e conseguir a aprobación no Parlamento de España dunha lei singular que otorgue a Vigo unha Carta Municipal. Recorreremos en Vigo a senda marcada por Barcelona, única cidade en España dotada dunha Carta Municipal.

Seremos un goberno dialogante, que fará da palabra a súa norma de existencia. Diálogo cos cidadáns, especialmente relevante nunha cidade con un forte e enriquecedor movemento cidadán. Diálogo coas forzas sociais, diálogo cos empresarios, dialogo cas forzas da cultura, e como non, diálogo coa oposición, a quen queremos transmitir a nosa firme vontade de buscar o acordo en tódalas cuestións de rango de cidade. Quero recoñecer a súa importancia e a súa representatividade e dende logo a aseguranza de que sempre encontrarán a mán tendida para o diálogo e para o acordo. Se unha cidade faise dende o acordo, será unha cidade máis compartida.

En Vigo necesimos un novo espíritu de comunidade, a sensación en toda a cidade de que marchamos xuntos, se non o conseguimos o espíritu de colectividade, de cidade, endexamáis despertaremos. E esta é unha oportunidade histórica na que iremos xuntos o Concello, o Porto e a Zona Franca. E connosco virá a Xunta de Galicia, e o Goberno de España. Aglutinando esforzos podermos face-lo Vigo que todos amamos. Xuntos non haberá límites o noso progreso.

Seremos o goberno que marque o rumbo, que implique ós cidadáns e ás organizacións na acción, que evite a burocracia, que asuma a responsabilidade, que cree as oportunidades e que ilusione a cidadanía.

Seremos o goberno que resolva problemas que levan atascados tantos anos, infraestructuras, sanidade, medioambiente, economía. Porque Vigo necesita un goberno no que se poida confiar. E nos seremos ese goberno.

Na tarefa pondremos todo o noso esforzo e todo o noso traballo, ainda que eso implique de novo para mín pedrille comprensión e apoio a miña muller, a Cristina, que foi a que, xa vai para trinta e cinco anos, fixo que a nosa vida transcurrira nesta maravillosa cidade, en Vigo".

(Vigo, 16 de xuño de 2007)


Outros discursos
Día da Constitución Española

DISCURSO GALA VIGUESES DISTINGUIDOS 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015
Dedicado a Xosé Filgueira Valverde


Bando da Reconquista 2015

XXXVI ANIVERSARIO DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
(2014)


DIA DE GALICIA 2014


Ver todos


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003