Man Xornal.vigo.orgXornal.vigo.org Concello de Vigo Contacto
Discurso
Subscribirse


 
venres, 24 de marzo 2006

Imprimir | Enviar

Vigueses Distinguidos 2006

Por Corina Porro Martínez (Alcaldesa do Concello de Vigo)

Discurso da alcaldesa, Corina Porro, pronunciado con motivo da entrega dos galardóns de Vigueses Distinguidos e Medalla da Cidade,o venres 24 de marzo, ás 20 horas, no Teatro do Centro Cultural Caixanova.

Hai hoxe un ano conxurábamonos para reconquistar Vigo para os vigueses, unha oportunidade, dicíamos, que, como fixeran os nosos ancestros en 1809 tiñamos que abordar con confianza e decisión.

Hoxe Vigo é un espazo público, aberto e protexido, onde recupera protagonismo a conversa, o encontro cidadán.

Nesta evolución Vigo integra as súas parroquias e se enorgullece da súa propia configuración como cidade. Porque a nosa estructura territorial non so non está condenada a negar a cidade, senon que a multiplica.

O desafío é establecer unha dialéctica positiva entre centralidade e movilidade. O dereito á visibilidade e á identidade das nosas parroquias e ao acceso a equipamentos e espazos públicos próximos, son condicións de cidadanía, dereitos de todos os vigueses.

E facer cidade é, tamén, facer cultura e comercio, É recuperar un espazo para o intercambio e a identidade propia, un valor esencial da cidade, porque nél se expresarán, no seu sentido máis amplo e ambicioso, comercio e cultura.

E nese reto traballamos. En facer cidade sobre cidade, respetando a historia, a trama existente, a tradición cultural de cada barrio e parroquia viguesa. O empeño é claro e o novo Vigo visualízase e exténdese ao longo do seu territorio.

Nese proxecto común que segue a ser Vigo para todos, é a propia cidadanía quen lidera o progreso colectivo. A vontade, a comunicación, a capacidade dos vigueses para identificar os seus obxectivos, a superación e o esforzo colectivo son, ao meu xuizo, os elementos que definen o liderazgo.

Porque o liderazgo democrático, tal e como o entendo, non ten nada que ver coa definición tradicional do líder, segundo a cal éste é unha persona carismática que inflúe no grupo para conducilo ata os seus obxectivos.

Moi ó contrario. O líder democrático racha claramente coa visión personalista e carismática, e entende que só a través da reunión dos lexítimos intereses dos colectivos, dos axentes económicos e sociais da cidade, as persoas poden exercer diversos niveis de participación acadando que os cidadáns definan e acaden de maneira voluntaria e eficaz os seus obxectivos.

Trátase de construir unha visión de conxunto sobre nós mesmos como cidadáns, sobre os nosos fins, e sobre os medios para acadalos de maneira eficaz.

O liderazgo democrático é, en fín, o que actúa sobre o diálogo e o convencemento, sobre a base do coñecemento da cidade, o mesmo que artella a diversidade, que expresa valores concretos como a tolerancia ou o pluralismo.

¿Quén dixo que Vigo precisaba líderes? ¿Quén dixo que Vigo non tiña obxectivos? ¿Quén dixo que Vigo non tiña solución? ¿Quén dixo que Vigo non é plural, diversa e tolerante?

En Vigo exercemos un liderazgo participativo e democrático, que se fundamenta na negociación e na concertación como condición para a inclusión das maiorías.
E así temos acadado xuntos en pouco tempo numerosos obxectivos. O que será o Auditorio de Vigo, un equipamento á altura da vangarda cultural viguesa. A entrada da alta velocidade na cidade, como oportunidade para gañar espazos públicos ó tempo en que Vigo acada unha das infraestructuras máis importantes para a súa competitividade.

A posta en marcha do segundo cinto, o verdadeiro anel que vertebra as parroquias viguesas. O consenso para a ampliación do Porto de Vigo, o garante para que continúe a ser un dos eixos principais da nosa prosperidade. O novo hospital, o novo edificio xudicial... equipamentos que melloran a vida na cidade.

As numerosas intervencións urbanas, un novo concepto para un novo Vigo, vencellado as personas, pensado para os cidadáns, un lugar de encontro e de conversa.

Acontecementos como a saída da Volta ao Mundo a Vela, a proxección internacional da cidade, unha oportunidade para amosar ao mundo o noso recoñecemento ás nosas orixes, o orgullo de vigués. Como o Campionato Internacional de Saltos, un evento que recupera a vella tradición hípica da cidade, posible gracias o novo IFEVI, agora sí, con capacidade para acoller grandes e prestixiosos acontecementos internacionais.

O respeto á nosa propia historia, o interese en mergullirnos nas nosas raíces, en recuperar a memoria común. A farola de Urzáiz, a Pérgola de Jenaro de la Fuente, a recuperación do quiosco do Paseo de Alfonso, a celebración da batalla de flores...
Vigo, unha cidade que regresa o seu ollar cara ás súas orixes, o mar, a ría e o casco vello, o noso máis próximo obxectivo, a recuperación do patrimonio común que supón o barrio histórico da cidade. Vigo unha cidade moderna e cosmopolita que olla ao futuro e que se vencella ao ocio e á cultura. Unha cidade que segue a medrar demográfica e económicamente, que segue a liderar o desenvolvemento de Galicia.

Porque Vigo é unha cidade que, como outras en Europa, xera valor engadido, é dicir, riqueza. O noso capital intelectual, o coñecemento... é o principal factor de desenvolvemento da economía da área e nos orienta cara á innovación como motor de progreso.

E este feito reflíctese, con total precisión, nos nosos sectores industriais tradicionais, os que durante cen anos teñen sido o eixo do noso crecemento como urbe. Agora, coa pronta aprobación do Plan de Ordenación Urbana, seguerán a ser principais no noso tecido económico, porque disporán de catro millóns de metros cadrados de solo industrial para crecer.

Doutra banda, a súa decidida implicación en investigación, desenvolvemento e innovación, permite á cidade crecer en servizos ás empresas, incrementar o seu volume de negocio, potenciar o ocio, a cultura e o turismo de calidade.

Deste xeito, o coñecemento, a iniciativa e a confianza na capacidade da cidade xeran un extraordinario pulo e permiten que Vigo medre preto de catro puntos máis que a media do resto das cidades.

Pero Vigo tampouco se comprende se non se observa a centralidade que exerce na súa área de influencia. Os cidadáns que habitamos neste espazo territorial vivimos o feito metropolitano coa naturalidade que marca a rutina.

Hai demasiados anos que rachamos cos límites históricamente establecidos pero a falta dunha organización xurídica propia, que se corresponda coa nosa realidade social, encorseta as nosas posibilidades, nos impide avanzar na procura de respostas ás necesidades dos perto de cincocentos mil habitantes do sur de Galicia.

Nós somos os protagonistas deste proceso. Nós somos maiores de idade para saber qué precisamos e cómo facelo. Nós non necesitamos a tutela de ninguén para organizarnos como o que en verdade somos, un área metropolitana que amosa un dinamismo extraordinario, unha capacidade e un potencial de desenvolvemento pouco común en Europa.

Por iso, tamén nesta ocasión, reunidos os intereses de todos e dende o respecto mútuo, defendamos con enerxía a nosa posición, porque é a que a área precisa, e precisa que sexa unha realidade xa.

Construir o noso futuro común pasa, necesariamente, por entender a nosa tarefa como unha responsabilidade compartida, o que non significa, en ningún caso, que permitamos que o tempo se esgote para sempre.

Porque creo na palabra, na palabra templada. Creo que a palabra é importante porque con ela construimos o pensamento. E creo no pensamento porque a través del somos quen de artellar un proxecto colectivo.

E hoxe recoñecemos no Real Clube Náutico de Vigo esa capacidade para construir un proxecto de todos. O Náutico, que celebra o seu centenario, forma parte da nosa memoria común e, como tal, resulta indisoluble da cidade, é parte consustancial dela.

Especialmente porque é a primeira institución deportiva viguesa vencellada ao mar. Cen anos navegando as nosas augas, cen anos de convencimento de que o mar de Vigo é un dos máis fermosos mares do mundo. De feito, xeracións de vigueses iniciáronse nos deportes náuticos nesta sociedade.

O noso Náutico foi distinguido coa concesión de "Real" outorgada pola súa Maxestade o Rei Alfonso XIII en 1906 Aínda hoxe a Casa Real segue vencellada a este Clube, que tamén é o seu.

Hoxe é un día para a reflexión e tamén para a celebración. E ámbalas dúas cuestións nos conducen ao recoñecemento. Un sinceiro recoñecemento a aqueles vigueses e viguesas que entregan as súas enerxías, o seu entusiasmo á cidade. Cada día, co seu quefacer, fan cidade, fan Vigo.

É a viguesa Asociación de persoas xordas que, gracias á súa longa traxectoria, un importante número de persoas con esta discapacidade tivo a oportunidade de traballar e integrarse na vida laboral en igualdade, mercede ao fomento da súa autonomía e independencia.
É a Asociación Rosa dos Ventos, mulleres que esixen respeto, solidariedade, dignidade para os traballadores do mar e as súas familias.

O Conservatorio superior de música de Vigo, que
celebra o seu 50 aniversario, e que xa é para os vigueses o seu prinicipal referente musical. O conservatorio vigués, o máis dinámico de Galicia, reflíctese como nun espello en Vigo.

Pola súa banda, a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, con trinta anos nas súas costas, e xa, unha tradición da cidade. Subliñada e recoñecida en todo o Estado pola súa extraordinaria capacidade investigadora, é unha das escolas técnicas máis prestixiosas.

E falar de investigación en Vigo é, tamén, falar do Instituto de Investigacións Mariñas, o seu labor, a súa excelencia investigadora nos permiten dicir, con orgullo, que Vigo é un dos centros máis importantes do sur de Europa en Investigación mariña.

E recoñecemos hoxe a tres xeracións de verdadeiros artesáns, distinguindo ao Taller de Xoieros e Esmaltistas Irmáns Hernández, que dende 1922 veñen de crear milleiros de pezas únicas en esmalte e outros materiais preciosos.

Macamen Blanco Gracia, vencellada ao Concello dende o seu labor como farmacéutica do que foi o Hospital municipal. Activa feminista e intelectual é, hoxe tamén, distinguida.

E tamén ten Vigo unha mención especial para Segundo Troncoso, moi querido na cidade e verdadeiro exemplo de entrega e adicación ós seus pacientes. Así, xeracións de vigueses pasaron pola súa experta consulta de ciruxía.

Antón Pulido Novoa é un deses centos de vigueses de adopción e de corazón. A súa obra amósanos a un home inquieto e influido polas humanidades, a filosofía e a música. Un pintor que leva o nome de Vigo na alma e que o espalla polo mundo adiante.

E se de cultura estamos a falar, distingamos tamén a Juan Manuel González Alonso, a súa adicación ó ensino da súa maestría, o seu interese en deixar noutros o seu fondo coñecemento sobre a gaita galega é máis que dabondo para este recoñecemento.

Señoras e Señores. Vigo é o meu compromiso. Porque o Vigo desexado non é a cidade ideal, utópica, senon o Vigo que queremos e reclamamos. Unha mixtura de coñecemento e de misterio, de individualidade e de encontro, de liberdades e rebeldías. Ese é o noso sentir, o espíritu vigués, que nos fai fortes porque sabemos que xuntos nada ou ninguén poderá pararnos.

Se cen anos de cooperación nos teñen permitido situarnos como a primeira cidade de Galicia, conxurémonos por cen anos máis de colaboración mutua.

Moitas gracias. VIVA VIGO.


Outros discursos
Día da Constitución Española

DISCURSO GALA VIGUESES DISTINGUIDOS 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015
Dedicado a Xosé Filgueira Valverde


Bando da Reconquista 2015

XXXVI ANIVERSARIO DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
(2014)


DIA DE GALICIA 2014


Ver todos


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003