Man Xornal.vigo.orgXornal.vigo.org Concello de Vigo Contacto
Discurso
Subscribirse


 
venres, 23 de xullo 2004

Imprimir | Enviar

Día de Galicia

Por Corina Porro (Alcaldesa)

Convócanos hoxe o sentimento de pertenza a un espazo común, a unha comunidade nídia que nos abrangue a través da nosa propia identidade. Convócanos tamén o noso dereito á lingua e á cultura de Galicia. Convócanos, en definitiva, a chamada á preservación da nosa memoria colectiva.

A universalidade de Galicia é, hoxe, representada no noso ilustre invitado. Carlos Núñez reflicte o que somos, nos leva da man polo mundo adiante ao son da música e a cultura de Galicia.

E precisamente porque vivimos nun contexto marcado pola internacionalización, a universalidade é a nosa mellor ferramenta.

Porque a mundialización da actividade humana, a industrial, a financeira…cando nos vemos obrigados a adaptarnos a unhas circunstancias cambiantes, globalizadoras, a universalidade protéxenos como comunidade ao tempo no que participamos plenamente do mundo.

Nese espazo común e universal, a cidade de Vigo redescubre a riqueza de seu, o seu papel, nomeadamente principal, na Galicia do mundo.

O desenvolvemento de Vigo e a súa aportación ao resto da comunidade depende, en boa medida, da súa capacidade para situarse nunha complexa sociedade a partires da súas propias potencialidades económicas, sociais e culturais.


Daquela, os vigueses reclamamos a nosa forza, a nosa iniciativa como aportación exemplar á comunidade galega. E esa forza, esa iniciativa, reside, precisamente, nos cidadáns desta grande metrópole europea.

Porque en Galicia, coma no resto do continente, medran as cidades. Coas suas vantaxes e os seus inconvintes. Dunha banda, a forza que nos otorga unha tarefa común: un espíritu edificante para nosa cidade e doutra, os límites territoriais que nos encorsetan.

Vigo, eixo, polo tanto, da súa área urbana, epicentro dunha ampla e puxante eurorexión, núcleo dunha Galicia moderna, en constante proceso de transformación, é o icono urbán da nosa comunidade.


E supón unha grande responsabilidade sabermonos eixo de Galicia. Pero os vigueses atopámonos á altura do que se espera de nós, e por iso loitamos cada día para fornecer unha cidadanía que fai da súa cidade, da súa economía, da súa cultura urbán, a arquitectura da Galicia do futuro.

Ramón Otero Pedraio escribiu hai 25 (vintecinco) anos que "Vigo latexa, esperta, traballa, soña, nunha viva e consciente actualidade: o traballo é a súa pura e única recompensa, o sosego de cada noite, merecido froito dun día, precursor doutros mellores, humano, digno, liberal. O moderno non significa o apresurado, o brumoso e o angustioso. Vigo prefire as liñas guías belamente claras e ondeadas. Coñece os seus fitos. Sabe do valor da luz e do silencio"

Señoras e señores. O mesmo valor de entón, o traballo, é o noso máis fecundo mérito. Traballamos por unha gran cidade, traballamos por una gran Galicia.

Moitas gracias.


Outros discursos
Día da Constitución Española

DISCURSO GALA VIGUESES DISTINGUIDOS 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015
Dedicado a Xosé Filgueira Valverde


Bando da Reconquista 2015

XXXVI ANIVERSARIO DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
(2014)


DIA DE GALICIA 2014


Ver todos


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003