Man Xornal.vigo.orgXornal.vigo.org Concello de Vigo Contacto
Discurso
Subscribirse


 
venres, 06 de decembro 2002

Imprimir | Enviar

Reflexionemos para ver se buscamos inspirarnos cada día nos valores supremos que proclama o artigo 1 da Constitución: a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político. Día da Constitución

Por Lois Pérez Castrillo (Alcalde de Vigo)

A Carta dos Dereitos dos Cidadáns, a reforma do desemprego, a catástrofe do Prestige e a falla dunha resposta eficaz centraron o Bando do día da Constitución redactado pola maxistrada dos Xulgados de Vigo, Mª Teresa Conde-Pumpido Tourón.


Veciñas e veciños

Seguir construíndo unha sociedade libre e democrática, como a que queriamos nos momentos máis ilusionados de entusiasmo popular, é tarefa diaria. Este aniversario da Constitución, pode ser un bo momento para reflexionar se no último ano vivimos como cidadáns-actores, ou se renunciamos aos dereitos e liberdades polos que un día loitamos.

Deuse en chamar ao 2002 o ?ano da xustiza?, por un Pacto de Estado que buscaba a reforma da Administración xudicial. Como servicio público, debe lograrse maior axilidade e eficacia, e comezouse recoñecendo dereitos aos usuarios (accesibilidade, transparencia, información) a través da chamada Carta de Dereitos dos Cidadáns. Pero a xustiza, como Poder dos sen poder, debe buscar un modelo que afonde nos valores democráticos, ofreza máis eficaces garantías ao cidadán e reafirme a independencia xudicial, non como un privilexio de xuíces, senón como un dereito a obter a tutela xudicial sen que interfiran presións do Poder (político, económico ou mediático). En Vigo, con tantas carencias en materia xudicial, non podemos deixar de involucrarnos todos os sectores na reforma da xustiza, xa que nos xogamos demasiado como para deixala só na mans dos profesionais do dereito. A Xustiza ten que ser a solución e non o problema.

Foi este un ano no que se falou da inseguridade cidadá, por medo a perder un valor que nos garante a liberdade. Pero tamén oímos voces ?gracias a liberdade de expresión- lembrándonos que existe outro tipo de inseguridade: a das mulleres maltratadas no seu propio fogar; a dos traballadores ante os accidentes laborais; a dos estudiantes menos avantaxados, indignos ao parecer dun ensino de calidade; a dos inmigrantes, aos que se despreza cos mesmos argumentos que aos galegos na emigración; a inseguridade, en fin, que crea a pobreza, a incultura, a marxinalidade, a prostitución?

Foi un ano no que se alimentou a idea de que os parados eran unha rémora para a sociedade. E Vigo foi escenario dunha fermosa película que nos lembrou a dor do desemprego, que tantos veciños sofre. Quizais como cidade que tantas veces sufriu a angustia dos ?luns ao sol?,
exerceuse masivamente o dereito de folga un 20-X, contra unha normativa que entendemos que non respetaba a dignidade dos desempregados. E fomos oídos.

E exercemos tamén o dereito de manifestación, cando a maldición do Prestige alcanzou as costas e as xentes de Galicia e non recibiu a resposta eficaz que desexabamos; hoxe, esa ría que tanto nos da, económica e emocionalmente, a defensa da cal nos ocupou un ano de discusións, está en perigo. Pero a marea negra non afogará o noso berro ?ese berro que quere ser memoria-, que resoará en todos os recunchos do país; ¡NUNCA MÁIS, NUNCA MÁIS, NUNCA MÁIS!

Hoxe 6 de decembro, reflexionemos para ver se todos, poderes públicos e cidadáns, buscamos inspirarnos cada día nos valores supremos que proclama o artigo 1 da Constitución: a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político. Porque as virtudes dun pobo serán as dos seus gobernantes.


Outros discursos
Día da Constitución Española

DISCURSO GALA VIGUESES DISTINGUIDOS 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015
Dedicado a Xosé Filgueira Valverde


Bando da Reconquista 2015

XXXVI ANIVERSARIO DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
(2014)


DIA DE GALICIA 2014


Ver todos


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003