Concello de Vigo Vigo org venres, 22 de setembro de 2017
Xornalxornal.vigo.org
  

Xornal de onte
Noticias da semana

Suscribirse
Noticias en castellano

RSS feed Noticias:
O Concello exime do pago do IAE a 37.000 das 40.000 actividades económicas de Vigo

Caballero valorou este venres en rolda de prensa que o Imposto de Actividades Económicas que se aplica no Concello de Vigo é "especialmente baixo" ao eximir do seu pago á 37.000 das 40.000 actividades rexistradas na cidade. O alcalde engadiu que o goberno local tamén bonifica aos autónomos.




O alcalde eloxia a labor "complexa" que realizan os transitarios na inauguración de FETEIA

Abel Caballero achegouse esta mañá á Terminal de Cruceiros de Vigo para darlle á benvida á cidade aos participantes no congreso de FETEIA (Federación Española de Transitarios). Durante a súa intervención, destacou a transcendencia deste encontro nun mundo cada vez máis globalizado porque a súa "complexa" labor é sinónimo de "modernidade e eficiencia".




120 estudantes marchan a Reino Unido e Irlanda coa bolsa municipal "Vigo en Inglés"

O alcalde achegouse ao aeroporto este venres para desexarlles unha boa estadía no Reino Unido e en Irlanda, onde o alumnado pasará tres semanas aprendendo inglés grazas a este programa de inmersión lingüística. Son estudantes de ESO dos Colexios Barreiro, Losada e Apóstol Santiago e dos IES de Beade, do Castro, Santa Irene, Valadares, Carlos Casares e Rosais 2. Son parte dos 767 beneficiarios deste curso que, segundo Caballero, ascenderán a 850 o vindeiro ano, cun investimento de dous millóns de euros por parte do Concello.




O rexedor reúnese co Ministro Conselleiro da Embaixada Británica

Abel Caballero e Tim Hemmings mantiveron un encontro institucional este venres no Concello no que intercambiaron impresións sobre a actualidade dos dous países e abordaron a situación económica e as relacións comerciais entre Vigo e o Reino Unido. O Ministro Conselleiro da Embaixada Británica é o responsable da xestión global do organismo en España con atención especial aos asuntos de política, economía e comunicación.




Caballero loa a figura de Pablo Beiro, homenaxeada mañá no Cidade de Vigo de baloncesto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe venres a segunda edición do Memorial Pablo Beiro, Trofeo Cidade de Vigo, de baloncesto adaptado, que se xoga este sábado no polideportivo boucense Pablo Beiro (19:00 horas) entre o C.D. Amfiv e o Getafe BSR.

A Casa das Mulleres programa cinco obradoiros dende outubro a decembro

A inscrición para poder participar está xa aberta ata que se cubran as prazas. A oferta inclúe un obradoiro dirixido a mulleres migrantes galegas, o curso de autoprotección para mulleres, un curso de escritura, outro de pintura e xénero e un obradoiro de sensibilización e formación en xénero e igualdade de oportunidades.

Noticias anteriores:
O Concello dedica máis de 1,8 millóns de euros a financiar 5.000 bolsas de comedor
O goberno de Vigo autoriza a construción na Praza Elíptica dun edificio de 32 vivendas protexidas
Caballero critica que a área sanitaria de Vigo teña a metade das matronas das que lle corresponde
O Concello organiza unha exposición de vehículos eléctricos con proba de coches e bicis
Vigo ten garantida auga ata xaneiro coa presa de Eiras ao 61% da súa capacidade
Caballero despediu no aeroporto a outros 76 alumnos beneficiarios do programa Vigo en inglés
A bonaerense Alicia Gil leva a abstracción e as texturas ás dependencias da Alcaldía
O alcalde anima á cidade a que se achegue ao Memorial Paco Araújo de baloncesto feminino mañá en Navia
© Gabinete de Prensa do Concello de Vigo
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel: 986810228
Fax: 986810192 Contacto | Subscricións