Concello de Vigo Vigo org xoves, 19 de setembro de 2019
Xornalxornal.vigo.org
  

Xornal de onte
Noticias da semana

Suscribirse
Noticias en castellano

RSS feed Noticias:
O goberno de Vigo adxudica 1.612 achegas sociais a outras tantas familias cun importe de 1,6 millóns

A Xunta de Goberno local adxudicou esta mañá 1.612 achegas para vivenda, alimentación e subministros cun montante económico de 1,6 millóns. A esta cantidade hai que sumar outros 800.000 euros de axudas de emerxencia para desafiuzamentos, o que eleva a partida anual para políticas de vivenda ascende a 2,5 millóns.

Concello e Deputación abren en Coia o primeiro quilómetro e medio do novo carril bici

Este xoves se inaugura o primeiro tramo, ao longo de toda a Avenida de Castelao, desde a Praza de América ata Tomás Paredes. O alcalde avanzou que dentro de algo máis dun mes e medio estará dispoñible o carril entre a Praza de Independencia e a Gran Vía, para abrir "tres ou catro semanas despois" o tramo de Venezuela e Pizarro ata o cruce dos choróns.

O goberno municipal apoia a manifestación "Emerxencia feminista contra as violencias machistas"

O alcalde anunciou que o MARCO e a Casa das Artes estarán iluminados mañá venres de cor violenta para sumarse a esta marcha a nivel nacional que, na cidade, sae ás 21 horas desde a praza da Pedra.




Abel Caballero inaugura o primeiro encontro Fortalece o teu Talento, con case medio millar de asistentes

A xornada, organizada por Inserta Emprego e a Fundación ONCE, busca poñer en valor a formación para o emprego dentro dun entorno de transformación dixital. O alcalde eloxiou o contido deste "gran evento" e felicitou aos organizadores.




O III Festival Rock Concello de Vigo, o 19 de outubro no IFEVI

O alcalde anunciou que Sober, Ñu ou O’Funkillo son algúns dos grupos que compoñen o cartel do festival que celebra a súa terceira edición este ano "dado o éxito" das dúas anteriores edicións.

Noticias anteriores:
Abel Caballero lamenta que o presidente da Xunta responda negativamente ás peticións do Concello
O alcalde recibe a fiscais que participan nun programa europeo de formación dos corpos de seguridade
129 estudantes do programa municipal "Vigo en Inglés" partiron hoxe ao Reino Unido
O Concello renova o seu apoio ao Triatlón Desafío Santander Illas Cíes, que se celebra este domingo
O Concello inaugura o macroparque infantil de Maruja Mallo no que investiu 400.000 euros
© Gabinete de Prensa do Concello de Vigo
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel: 986810228
Fax: 986810192 Contacto | Subscricións