|
 |
Noticias:
O cartaz da campaña do Día Internacional contra a Violencia de Xénero elixirase este ano a través dun concurso
 A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, anunciou este xoves que o prazo para participar no concurso de cartaces para empregar na campaña do Día Internacional contra a Violencia de Xénero do 25 de novembro será do 8 ao 28 de setembro. A concelleira do BNG salientou que esta convocatoriada, organizada en colaboración co Consello Municipal da Muller, ten por obxectivo "a participación de toda a sociedade e a concienciación sobre a violencia de xénero".
|
O alcalde asistirá á presentación do musical do grupo vigués Cómplices
 O espectáculo estréase en Madrid do 15 de setembro onde permanecerá ata xaneiro de 2011 no teatro Calderón para recalar despóis en Vigo. Abel Caballero recibiu a Teo Cardalda e María Monsonis para presentalo aos medios e agradeceulles que ocupen a escena dos musicais en toda España "coa sombra de Vigo detrás"
|
|
 |
Previsións:
09:00: Xunta de Goberno Local
Alcaldía

09:30: Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo
Alcaldía

11:00: A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, presenta o concurso de carteis do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Sala de prensa.

11:00: Abel Caballero e Teo Cardalda presentan con membros da organización o musical de Cómplices
Alcaldía

12:00: O alcalde realiza unha visita aos traballos de construcción do Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar
Punto de encontro: acceso de Jacinto Benavente, próximo á gasolineira de Beiramar

20:00: Abel Caballero inaugura o renovado graderío do Coruxo FC e descobre unha placa conmemorativa
Estadio do Coruxo: estrada do Vao s/n

|